Mesa de recollida de sinaturas. Este domingo 9 de abil, de 11 a 14 horas, na Praza Elíptica das Roseiras

Mesa de recollida de sinaturas

Este domingo 9 de abil, de 11 a 14 horas, na Praza Elíptica das Roseiras, membros da comisión recollerán sinaturas de apoio e informarán á veciñanza dos actos programados pola comisión contra a venda da Solana, Hotel Finisterre e peiraos.

PARTICIPA….

 

Este luns 3 de abril, ás 19.30 horas, no Fórum Metropolitano, proxectan “Encrobas. 1977-2017”, dentro do Ciclo de Cine de Barrio

 

Hoxe luns 3 de abril, ás 19.30 horas, no Fórum Metropolitano, proxectan “Encrobas. 1977-2017”, no marco do Ciclo de Cine de Barrio.

Organiza a Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros.

Sobre o filme recollen o seguinte…

“A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val”

 

 

 

CARTA ENVIADA AO PRESIDENTE DE AUTORIDADE PORTUARIA. Onte xoves 30 de marzo, ás 12.30 horas

CARTA ENVIADA AO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

Onte xoves 30 de marzo, ás 12.30 horas, membros da Comisión Aberta en Defensa do Común entregaron ao presidente de Autoridade Portuaria, Enrique Losada, unha carta na que reclaman a devolución gratuíta ao Concello da Coruña os terreos do Hotel Finisterre, A Solana, e os peiraos de Batería, Calvo Sotelo e San Diego.

Durante a entrega da misiva, a plataforma exhibiu na sede da Autoridade Portuaria unha pancarta coa súa reivindicación.

Tres movementos cidadáns da Coruña, Ferrol e Oleiros debaten sobre a defensa do común

Que calquera cesión dun espazo público a unha empresa privada “é un expolio contra o ben común”, que “é necesario revertir os procesos de privatización” e que é necesario loitar contra as “vergoñas urbanísticas” derivadas da mala xestión. Estas foron algunhas das conclusións do debate “Remunicipalización e recuperación de espazos e recursos para o pobo”, que se celebrou ás 20.00 horas da tarde do xoves no centro social autoxestionado A Comuna (Vereda do Polvorín, 35), e no que participaron membros dos grupos Remunicipalizar Ferrol, Santa Cruz Aberta ao Mar e a Comisión Aberta en Defensa do Común.

Pola súa parte, Ana Gallego, voceira neste acto da Comisión Aberta en Defensa do Común, defendeu durante o encontro a reversión gratuita ao Concello da Coruña do antiguo cárcere, as parcelas que posúe o ministerio de Defensa na Maestranza, as fincas da Solana e o hotel Finisterre e os peiraos desafectados do Porto Interior, e a necesidade de deixar sen efecto os convenios que o impiden. Reivindicou a necesidade da “participación cidadá ao máximo nivel” e salientou as iniciativas coas que a Comisión busca conseguir a cesión gratuita, como a acampada ante a Autoridade Portuaria na noite do 21 a 22 de abril próximos e unha manifestación cívica o 7 de maio

Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces, representantes de Remunicipalizar Ferrol, explicaron a loita da súa organización porque que a xestión das augas quede únicamente en mans do Concello e non, como ata o de agora, ao cargo dunha empresa privada implicada nunha “trama” que levou a irregularidades como cobrar unha taxa de saneamento para sufragar unha depuradora sen actividade, así como a paralización que promoveron dun contrato eléctrico municipal cunha empresa privada. Ramiro Vidal, membro de Santa Cruz Aberta ao Mar, explicou a pugna da súa asociación por impedir a construcción dun edificio de apartamentos e hotel na parcela do antiguo parador Maxi, que segundo afirmou inclúe terreos públicos e que afecta ao entorno do castelo de Sanga Cruz (Oleiros). Vidal calificou de “atentado urbanístico, patrimonial e ambiental” e denunciou que a súa organización sufríu unha “guerra sucia” por parte do Concello.

Despois dunha primeira rolda de intervencións, abriuse un turno de preguntas e debate aberto que se prolongou ata as doce da noite. A Comuna organizará un novo debate sobre a remunicipalización o próximo xoves á mesma hora.