Tres movementos cidadáns da Coruña, Ferrol e Oleiros debaten sobre a defensa do común

Que calquera cesión dun espazo público a unha empresa privada “é un expolio contra o ben común”, que “é necesario revertir os procesos de privatización” e que é necesario loitar contra as “vergoñas urbanísticas” derivadas da mala xestión. Estas foron algunhas das conclusións do debate “Remunicipalización e recuperación de espazos e recursos para o pobo”, que se celebrou ás 20.00 horas da tarde do xoves no centro social autoxestionado A Comuna (Vereda do Polvorín, 35), e no que participaron membros dos grupos Remunicipalizar Ferrol, Santa Cruz Aberta ao Mar e a Comisión Aberta en Defensa do Común.

Pola súa parte, Ana Gallego, voceira neste acto da Comisión Aberta en Defensa do Común, defendeu durante o encontro a reversión gratuita ao Concello da Coruña do antiguo cárcere, as parcelas que posúe o ministerio de Defensa na Maestranza, as fincas da Solana e o hotel Finisterre e os peiraos desafectados do Porto Interior, e a necesidade de deixar sen efecto os convenios que o impiden. Reivindicou a necesidade da “participación cidadá ao máximo nivel” e salientou as iniciativas coas que a Comisión busca conseguir a cesión gratuita, como a acampada ante a Autoridade Portuaria na noite do 21 a 22 de abril próximos e unha manifestación cívica o 7 de maio

Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces, representantes de Remunicipalizar Ferrol, explicaron a loita da súa organización porque que a xestión das augas quede únicamente en mans do Concello e non, como ata o de agora, ao cargo dunha empresa privada implicada nunha “trama” que levou a irregularidades como cobrar unha taxa de saneamento para sufragar unha depuradora sen actividade, así como a paralización que promoveron dun contrato eléctrico municipal cunha empresa privada. Ramiro Vidal, membro de Santa Cruz Aberta ao Mar, explicou a pugna da súa asociación por impedir a construcción dun edificio de apartamentos e hotel na parcela do antiguo parador Maxi, que segundo afirmou inclúe terreos públicos e que afecta ao entorno do castelo de Sanga Cruz (Oleiros). Vidal calificou de “atentado urbanístico, patrimonial e ambiental” e denunciou que a súa organización sufríu unha “guerra sucia” por parte do Concello.

Despois dunha primeira rolda de intervencións, abriuse un turno de preguntas e debate aberto que se prolongou ata as doce da noite. A Comuna organizará un novo debate sobre a remunicipalización o próximo xoves á mesma hora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s