A permanencia da simboloxía franquista, once anos despois da aprobación da chamada Lei de Memoria Histórica, é unha proba de que temos unha democracia limitada; ademais, é unha ofensa ás vítimas do franquismo.
Nos últimos anos déronse pasos importantes por parte de moitas institucións, que permite ter unha visión máis ampla sobre a simboloxía franquista que hai que retirar: nomes de rúas, retratos, distincións honoríficas, placas, monolitos, esculturas; que facer cos alcaldes da ditadura etc.
Por se é do teu interese, AC Alexandre Bóveda organiza o luns, 8 de abril, un acto sobre a simboloxía franquista que queda por retirar na Coruña,