NIN UN PASO ATRAS NA DEFENSA DOS PEIRAOS DA CIDADE

NIN UN PASO ATRAS NA DEFENSA DOS PEIRAOS DA CIDADE

Os peiraos de  San Diego, Centenario e os peiraos de Oza, non están en venda

1º) Estase a falar só da privatización da metade dos peiraos da cidade. Os veciños non estamos dispostos a que sirvan de moeda de cambio. Cando falamos da cesión gratuíta dos peiraos para o seu uso público e cívico, falamos de TODOS OS PEIRAOS. Non estamos dispostos a que se edifique nos peiraos de Oza e San Diego, como moeda de cambio para liberara a aqueles que están no centro da cidade.

 

2º) O custo do peirao de Langosteira está a ser desorbitado.  O custe final pode chegar aos 1.200 millóns de euros sobre un presuposto inicial de pouco máis de 400 millóns. O proxecto inicial variou en varias ocasións, e o tren non chegará aló polo menos até o ano 2.020. Coa venda dos peiraos, estimado en 50 millóns de euros, realmente van pagar a débeda? A intención da Autoridade Portuaria, Xunta e Goberno Central, non por casualidade nas mans do Partido Popular, é claro: Reforzar o proxecto do ex alcalde Vázquez de especular cos terreos públicos. O obxectivo é beneficiar aos intereses especulativos da construción, e non atende á redución da débeda contraída xa que é facilmente asumible para o goberno, como demostra as cifras económicas invertidas nas estradas radiais de Madrid.

 

3º) Pode ser casualidade, mais a xestión da Autoridade Portuaria, desde a sinatura do convenio co Sr. Vázquez, está a ser realmente ineficaz. O único que funciona son trasfego de enclave, dependentes de mercados exteriores (petróleo), en desuso (carbón, desaconsellado pola C.E.) ou en tránsito a Santiago (cruceiros e pasaxeiros). Mentres se abandona o trasfego de contedores, desaténdese a pesca, abandónase o trasfego da Estación de San Diego, etc. Como pensa a Autoridade Portuaria xerar negocio para pagar o resto do porto de Langosteira?

 

4º) A xestión na construción de Langosteira está a ser do máis rocambolesco. O proxecto xa variou varias veces. O incremento de custes sobre a estimación inicial é desorbitado. O tren non chega, e non precisamente por retraso no seu horario. Pemex e outros posíbeis negocios están desaparecidos. Petroliber pide unha millonada por marchar a Langosteira. A eficacia do Porto está a ser posta en cuestión polas dificultades de funcionamento, como vimos en varias ocasións, como por exemplo o caso último, o petroleiro Max Jacob, contado por Luaces nas paxinas da Opinión, por xerar novas correntes, etc. Consideramos que os grupos municipais deben esixir á Xunta as responsabilidades derivadas da xestión da Autoridade Portuaria en punta Langosteira , así como pedir a Portos do Estado e Fomento unha auditoría externa sobre o sobre custe das contas e dos continuos cambios no proxecto.

 

5º)  Nesta historia o oneroso Convenio firmado polo Concello do Sr. Vázquez e a Autoridade Portuaria para a privatización dos peiraos está fóra de lugar. Data xa do ano 2004. A súa confianza na burbulla inmobiliaria foise co vento, e a cidadanía descubriu a xogada de vantaxosa.

 

Consideramos que o Goberno Municipal, o BNG e o PSOE, deben esixir a Portos do Estado e Fomento iniciar unha negociación para anular o actual convenio e redactar un novo convenio que recolla a cesión gratuíta dos terreos portuarios ao Concello e á cidadanía, para o seu uso cívico.

 

Os grupos municipais que se opoñen á privatización dos terreos portuarios deben facer un chamamento a toda a cidadanía para evitala. Só a forza unida de toda a Cidade pode parar esta aldraxe.