“EL PARROTE” (Patrimonio coruñés). A Coruña. Vídeo de Paco Prado

Compartimos este vídeo que nos enviou Paco Prado

Paco tamén dixo o seguinte…

“Esta mañana, en la Plaza de Vigo, he tenido la oportunidad de firmar sobre la revindicación para espacio público del las instalaciones del Hotel Finistere y La Solana. Debido a ello, he realizado un vídeo que he subido a You Tube, sobre ese espacio tan querido por los coruñeses, les envio el mismo por si ustedes lo desean utilizar para lo que crean menester”

GRAZAS PACO

Debate sobre o futuro da fachada marítima coruñesa. Organiza o club de opinión Foro Cívico

Debate sobre o futuro da fachada marítima coruñesa

Organiza o club de opinión Foro Cívico

 

Este xoves 16 de marzo, ás 19.30 horas, no salón de actos da sede da ONCE, no Cantón Grande, o club de opinión Foro Cívico organiza un debate sobre o futuro da fachada marítima da Coruña.

Coa presenza de Xiao Varela, Martín Fernández Prado, José Manuel García e Avia Veira.

“O Pleno dá o visto e prace a unha moción para impulsar o proceso de consulta popular sobre os terreos portuarios iniciado polo Goberno local”. Web do Concello da Coruña

 Membros da comisión onte, fóra e dentro do Pleno

  

Recomendamos a lectura desta achega que fixo pública o Concello da Coruña a través da súa web. 6 de marzo

O Pleno dá o visto e prace a unha moción para impulsar o proceso de consulta popular sobre os terreos portuarios iniciado polo Goberno local

http://www.coruna.gal/portal/gl/concello/noticias/detalle-novas/o-pleno-da-o-visto-e-prace-a-unha-mocion-para-impulsar-o-proceso-de-consulta-popular-sobre-os/suceso/1453616169869?argIdioma=gl

Recolle que…

“O Pleno municipal do Concello da Coruña vén de apoiar, cos votos positivos do grupo de Goberno e o BNG, a abstención do PSOE e a negativa do PP, o proceso de consulta popular iniciado xa polo Goberno local de forma que a cidadanía poida decidir sobre o futuro dos terreos do bordo litoral. A moción aprobada e presentada de forma conxunta polo grupo que sustenta do Executivo local e o do BNG, supón o visto e prace da Cámara ao feito de que o Goberno local siga afondando no proceso de consulta popular xa iniciado o pasado 27 de febreiro, cando foi solicitado por parte do alcalde un informe ao departamento de Asesoría Xurídica ao respecto do referendo. A moción remítese ao artigo 10 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá (ROP), así como ao artigo 257 da Lei da Administración Local de Galicia. “A tal efecto, no prazo máis breve posible, someterase ao Pleno ordinario na súa parte resolutiva un punto separado da súa orde do día co obxecto de que se debata e se aprobe, se procede, esta consulta popular”, reza a moción. “Queremos que a veciñanza responda ao desafío de decidir como quere que sexa a cidade dos próximos séculos”, indicou o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela.

(…)

A Comisión convoca unha manifestación para o 7 de maio e convoca aos partidos a súa proposta de consulta popular para que se vote no pleno do luns

A Comisión Aberta pola Defensa do Común aprobou na súa asemblea do xoves 2 de marzo, na que participaron máis de vinte entidades das que respaldan as súas reclamacións, convocar unha manifestación cívica para defender a devolución gratuita á cidade dos terreos da Solana e o Hotel Finisterre, dos peiraos interiores, do cárcere provincial e dos terreos do Campo da Estrada para o seu emprego público. A marcha partirá ás 12.00 horas da Palloza e rematará diante da sede da Autoridade Portuaria, na Mariña, e será convocada a través dun manifesto cuxo texto se consensou na asemblea coas propostas dos presentes.

No encontro tamén se acordou o texto dunha moción a través da que se pedirá que o Goberno local apoie a manifestación e promova a celebración dunha consulta popular sobre o futuro dos terreos. A Comisión presentará a súa proposta de moción o venres 3 aos catro partidos con representación no Consistorio coruñés, co ánimo de que a estuden e voten no pleno do próximo luns. Pídeselles que acorden:

1. Apoiar a manifestación, invitando á cidadanía a participaren na mesma, convocada para o 7 de maio, pola Comisión Aberta en Defensa do Común (que conta co apoio de máis de 60 entidades), baixo o lema: “Devolución gratuíta da Solana e Hotel Finisterre, todos os peiraos, cárcere e terreos do Campo da Estrada. Non á venda e privatización da fachada marítima. Basta xa de especulación”. O goberno municipal publicará un Bando e colaborará na difusión desta convocatoria para o éxito da mesma.

2. Aprobar o inicio do procedemento de Consulta Popular, segundo o artigo 10 do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá (ROPC) e o artigo 257 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia. A tal efecto, no seguinte Pleno Ordinario que se convoque, establecerase na súa parte resolutiva un punto separado na súa Orde do día co obxecto de que se debate e aprobe, se procede, esta Consulta Popular.

3. A Consulta Popular constará dunha pregunta con posíbel resposta afirmativa (si), negativa (non) ou en branco, formulada do seguinte xeito:

Está vostede de acordo coa devolución gratuíta ao concello da Coruña para uso público da Solana e Hotel Finisterre, cando acabe a concesión en 2027, de todos os peiraos, do cárcere e dos terreos do Campo da Estrada, e que Fomento asuma o custo íntegro e as débedas da construción do porto exterior de Punta Langosteira e as súas conexións?

4.Instar o alcalde para que, unha vez aprobado en Pleno, convoque unha Comisión Informativa Especial no prazo máximo de 15 días para, como sinala o apartado 2 do artigo 10 do ROPC, axustar a consulta á lexislación vixente (data da convocatoria, prazos para a súa publicidade etc).

5.Instar o alcalde para que, de acordo ao aparto 3.a do Artigo 257, da Sección 4.Consultas populares, do Capitulo 5º. Da información e participación cidadá, da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia, dea traslado da decisión do Pleno municipal á Xunta de Galicia para completar o procedemento de acordo aos apartados 3.b e seguintes do citado artigo.

Outras actividades

Este sábado 4 de marzo, a Comisión recollerá firmas en  Monelos ás 11 horas, diante do mercado de Elviña. O 16 marzo realizarase un debate no club de opinión Foro Cívico sobre “O futuro da fachada marítima da Coruña”; están invitados todos os grupos municipais e a Autoridade Portuaria.

O 24 de marzo está previsto entregarlle un escrito ao Presidente da Autoridade Portuaria, informando dos apoios recibidos e das actividades programadas, e nos seguintes meses inaugurar unha exposición sobre a recuperación dos espazos públicos e realizar actividades de protesta na rúa, culminando coa manifestación do día 7 de maio.

A asemblea celebrada no Pazo de María Pita. Fotos e prensa

Velaquí varias fotos tomadas durante a asemblea celebrada onte no Pazo de María Pita

20170222_191203 img_20170222_192249 img_20170222_192251

Recomendamos a lectura do artigo que achega hoxe o xornal La Opinión. A Coruña sobre a asemblea celebrada onte no Pazo de María Pita.

Recolle o seguinte:

Un centenar de vecinos, entre los que estaban miembros de todos los partidos de la Corporación local y representantes de entidades sociales y vecinales, se reunieron ayer en una asamblea organizada en el salón de plenos por la Comisión Aberta en Defensa do Común para exponer sus reivindicaciones y marcar una hoja de ruta para exigir al Puerto la cesión gratuita al Concello de La Solana y los muelles para que sean destinados a uso público. La comisión reunió 5.000 firmas y el apoyo de 60 colectivos para forzar a la Autoridad Portuaria a que traspase los terrenos al Ayuntamiento de A Coruña sin coste.

O artigo completo na ligazón web

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/02/23/sesenta-entidades-apoyan-marcha-exigir/1155346.html

A Comisión Aberta en Defensa do Común recolle máis de 5.000 sinaturas e reúnese con membros do grupo municipal, no Pazo de María Pita

A Comisión Aberta en Defensa do Común recolle máis de 5.000 sinaturas e reúnese co grupo municipal, no Pazo de María Pita

Hoxe o xornal La Opinión. A Coruña achega a seguinte nova:

Defensa do Común recoge más de 5.000 firmas por La Solana. Se reunió con el alcalde y ediles para ultimar la cita de mañana en el salón de plenos

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/02/21/defensa-do-comun-recoge-5000/1154659.html

 sgr_20170220_xulio_comision_defensa_do_comun_g88b4561Onte, 20 de febreiro, pola mañá, membros da Comisión Aberta en Defensa do Común reuníronse no Pazo de María Pita co alcalde, Xulio Ferreiro, a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, e o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, para dar cumprimento á moción aprobada no Pleno do Concello da Coruña o pasado mes de xaneiro.

 

sgr_20170220_xulio_comision_defensa_do_comun_g88b4565Este mércores, 22 de febreiro, ás 19 horas, terá lugar unha asemblea aberta á que están
convidadas todas as entidades do tecido asociativo da cidade e veciñanza, na que se debaterá sobre a recuperación da Solana para uso público, a titularidade pública dos terreos portuarios, e o futuro do bordo litoral da cidade.

A Comisión invita ao tecido social da cidade a participar na asemblea cívica do mércores en María Pita

A Comisión Aberta en Defensa do Común invita a todas as entidades do tecido social e cívico da Coruña, e cidadanía, a participar na asemblea cívica que terá lugar o vindeiro mércores, día 22, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Pazo de María Pita, cuxa sesión institucional estará presidida polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro. Na asemblea participarán, ademais dos catro partidos políticos con representación no pleno, as máis de cincuenta asociacións que apoian as reclamacións da Comisión.

A iniciativa é consecuencia da asamblea cidadá celebrada o pasado día 7, no sentido de solicitar o devandito salón para avaliar entre outros asuntos o ritmo de recollida de sinaturas contrarias aos intentos de venda dos terreos ocupados pola Solana e o hotel Finisterre, iniciativa extensible á vella cárcere, peiraos e as tres parcelas que conforman o Campo da Estrada, na Maestranza.

Asemade, a Comisión confía en que a sesión sirva para concretar a data dunha manifestación coa elaboración dunha especie de manifesto que será lido ao remate da mesma. Igualmente, espera aprobar o texto de moción que será debatida no pleno do vindeiro mes de marzo orientada á realización dunha consulta popular, coa pregunta incluída, onde a cidadanía coruñesa poida posicionarse sobre a hipotética perda de espazos comunais emblemáticos da cidade.

A VECIÑANZA DE MONTE ALTO TAMÉN DÍ NON Á VENDA E ESPECULACIÓN!

A VECIÑANZA DE MONTE ALTO TAMÉN DÍ NON Á VENDA E ESPECULACIÓN!

thumbnail_img_2955

Onte pola tarde, no Campo de Marte, membros da Comisión Aberta en Defensa do Cómún estivemos recollendo sinaturas contra a poxa e privatización da Solana e Hotel Finisterre, e informando sobre a titularidade dos terreos portuarios, o futuro dos peiraos e o bordo litoral da cidade.

A VECIÑANZA DE MONTE ALTO TAMÉN DÍ NON Á VENDA E ESPECULACIÓN!

O domingo estaremos fronte a escultura dos surfistas, entre as 17 e as 19 horas.

SÚMATE E IMPLÍCATE